Nesta entrada iremos achegando algunhas palabras propias, ou pouco comúns noutras partes de Galicia, dos habitantes do concello.
Malia o que vaiamos recollendo, recoméndase ostraballo, que recolle a riqueza léxica da área do Eo-Navia (parte asturiana e Negueira de Muñiz), de Carlos Xesús Varela Aenlle: O Dicionario do galego de Asturias (2021): O Diccionario galego de Asturias, e Testos e noticia da fala de Negueira (Lugo), no Anuario Galego de Filoloxía (1975) de Antón Santamarina.
Arroiar: Cando chove moito
Baixar: Baxar
Balseira: Silva
Barallocas: Persoa falandeira
Barbadelada: Trompada na bardelada ou no queixo
Bascular: Eufemismo por "cagar"
Belorto: Biorto, vencello feito cunha ou dúas varas de xesta ou de carballo
Cacho: Cunca de madeira para tomar o viño
Cachón: Fervenza pequena
Cagoxo: Cogomelo
Carpín: Peúgo, media curta de la
Chambrón: Chambra, especie de gardapo que levaban os xateiros por riba doutra roupa
Coco da luz, Coquiño da luz, Coco nené: Vagalume
Colleulo: Colleuno
Corripa: Burato feito no chan para meter os ourizos das castañas
Cuadra: Corte para o gando
Deixeilo: Deixeino
Empoer: Empoñer, acompañar a algún ata poñelo no camiño
Entoncias: Entón
Estouciar: Brincar agarrados un co outro
Galocha: Zoca
Iñe: Díxenlle, forma abreviada pola velocidade do discurso
Lercia: Congoxa que se sente cando un ten medo
Lougo: Logo
Mallega: A Malla. Varear o cereal
Mandar: Ofrecer, propoñer un prezo
A Marica, O Pesqueiro: Zorro, raposo
Matarbela: Aparello que dá voltas co aire golpeando un bote para facer ruído e escorrentar as aves
Moncer: Muxir
Mulín: Muíño
Murir (castelanismo): Morrer
Musega: Peza do muíño onde se depositaba o cereal para moelo
Na Polabila: De ruada
Nuelo: Nocello
Pegallo: Pata do hórreo
Pegureiro: Pastor
Probe: Pobre
Reseso: Pan duro
Roiceiña: Mariquita
Riu: Río
Saíu: Saliu
Seilo: Seino
Sofreira: Sobreira
Trobo: Colmea
Úas: Unhas
Vusté: Vostede
Xiprar: Asubiar
patrimoniodenegueira.blogspot.com